TOCAR CARNE
Tocar carne é unha necesidade moi básica que temos os humanos para sobrevivir máis ou menos ben da cabeza. Sen embargo, danos seguido por dosificar os abrazos: deixamos de darlle bicos aos nenos cando se van facendo grandes ou limitamos a un apertón de mans os saúdos profesionais. Por se fora pouco, vennos un confinamento ao bruto e… hasta unha peituga de polo nos pode parecer achuchable aos animais que quedamos illados. Por iso, perdoen vostedes, pero seleccionar imaxes que identifican sutilezas das relacións humanas sen que aparezan persoas, antoxóuseme o eco dun berro de impotencia, quizais menos tolo que empezar a sobar chuletóns.

You may also like

Back to Top